Axencia de tradución e intérpretación NARTRAN translations
NARTRAN Translations é moito máis que unha axencia ou empresa de tradución. Se está a buscar un tradutor ou un intérprete de calidade, fidelidade ó orixinal, especialización, puntualidade, seriedade, trato personalizado e prezos competitivos, en NARTRAN daremos resposta ás súas necesidades.
Son licenciada en tradución e interpretación. Especialiceime en tradución xurídico-económica e posúo o título de intérprete xurado de inglés-castelán outorgado polo Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación do Goberno de España. As traducións realizadas en NARTRAN son de todo tipo, dende textos económicos e xurídicos ata manuais técnicos e especializados, pasando por contratos, licitacións, actas, anuncios publicitarios, certificados, novelas, novas, conferencias, memorias anuais, informes e un longo etcétera.
Tamén traducimos (interpretamos) en diferentes eventos como congresos, conferencias, ferias e reunións.
Ademais, NARTRAN conta coa colaboración dun equipo de grandes profesionais, todos eles licenciados en tradución e interpretación de linguas e xurados, que se especializaron en diferentes campos e linguas, o que garante a calidade de tódalas nosas traducións.
Se precisa algún servizo de tradución ou interpretación de galego, castelán, inglés, francés, italiano ou ruso non dubide en poñerse en contacto con nós.
A axencia de tradución atópase en Vigo, pero prestamos os nosos servizos de tradución e intepretación de español, galego, inglés, francés, italiano, ruso e outors idiomas en cualqueira lugar de Galiza e España. Non dubide en porse en contacto connosco.
Tradutor xurado en Vigo
Tradutor xurado inglés en Vigo
Tradutor xurado francés en Vigo

